Cuando hago mis comentarios sobre los museos pocas veces puedo escribir de manera positiva y hoy, afortunadamente es una de estas ocasiones, al hacerlo sobre este museo minero a punto de inaugurarse. Para llegar a esta conclusión, basta leer el artículo publicado sobre este proyecto en la revista que financia la Unión Europea, "Ultreia" para llegar a ella, pese a no estar inaugurado. Saca tus propias consecuencias.
A LENDA DE FONTAO REVIVE CO MUSEO DA MINARÍA
CONSÉRVASE COMA SE O TEMPO SE DETIVESE, PERO FACÍASE NECESARIA UNHA ACTUACIÓN PARA NON PERDER O PATRIMONIO QUE ATESOURABA. FONTAO É UN ESCENARIO ÚNICO, ALÍ VIVIUSE UNHA REALIDADE PARALELA EN TEMPOS DE PENURIA GRAZAS Á ABUNDANCIA QUE XEROU A EXPLOTACIÓN DO VOLFRAMIO. OS FONDOS FEDER POSIBILITARON QUE SE ACTUASE SOBRE UNS ESPAZOS QUE AGORA CONFORMARÁN O MUSEO DA MINARÍA. É O CAMIÑO PARA RECUPERAR UNHA MEMORIA. COMPLETARASE CANDO A MINA SE INTEGREN UN CONXUNTO QUE SE PODERÁ COMEZAR A VISITAR EN BREVE.
Arquitectura e rehabilitación.
A lenda flota en Fontao e contrapón sensacións, riqueza e miseria; esplendor e decadencia nunha paraxe inopinada no concello de Vila de Cruces, veciño á futura ruta do AVE e á autoestrada que vértebra o corazón de Galicia. Alí teceuse unha historia que agora se recupera para poñela en valor e en común nun museo da minaría que ten prevista a súa apertura durante o ano 2013. O seu responsable, Diego Casal Ramos, quere evitar o emprego do termo “parque temático”, pero en Fontao agrúpanse todas as caras da minaría nunha contorna única que se recuperou coa axuda do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (Feder).
E Casal, enxeñeiro de minas, fala del coa paixón de quen coñéese Fontao de boca do seu pai e mais do seu avó, antigos trabajadores nunha explotación que comezón a dar froitos a mediados do século XIX, que primeiro ofreceu estaño, pero que coñeceu o seu maior auxe co volframio e a expansión da súa demanda a nivel internacional durante a Segunda Guerra Mundial, a guerra fría ou o conflito de Corea, cando se produciu a coincidencia de que no país asiático se freou a produción e a escalada armamentista precisaba materia prima para a súa fabricación. Fontao atraeu a milleiros de persoas nun enredo no que se mesturaba a sociedade rural co estraperlo, o máis ímprobo esforzo laboral que se poida imaginar co ocio máis desenfreado.
Nos anos corenta, cando a fame aumentaba na posguerra española, a zona de Vila de Cruces, daquela concello de Carbia, e Silleda era un oasis de abundancia cun mercado diario ao que chegaban vendedores ambulantes, decenas de pequenas tendas, tabernas, un campo de fútbol no que mesmo chegou a xogar un partido o Real Club Celta de Vigo e dous espazos para proxectar cine, que co tempo derivaron nunha espléndida edificación para o efecto.
Alemaña precisaba o volframio para endurecer o seu armamento e o diñeiro fluía. “Había quen fumaba billetes de mil pesetas para mostrar o seu poderío”, ilustra Casal, que está empeñado en rehabilitar toda aquela memoria, que tampouco cabe catalogar como idílica. “Aquilo era negro, pero negro dúas veces”, lembra un dos superviventes da época no documental “A memoria nos tempos do volfram” que sobre aqueles anos se pode adquirir nas instalacións do novo auditorio do poboado.
Acondicionamento
Todo comezou hai doce anos cando a Xunta de Galicia adquiriu as 69 vivendas que compoñían o poboado mineiro deseñado nos anos cincuenta do século pasado polo arquitecto murciano Joaquín Basilio Bas e aprestouse a rehabilitalas para xerar unha oferta de protección oficial en réxime de alugamento a finais do ano 2004. Catro anos despois desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a entón Conselleria de Vivenda trazouse un plan complementario para darlle vida a esa contorna: reacondicionar as instalacións comúns e empregalas en dar a coñecer aquela idade de ouro da minaría en Galicia. Primeiro fíxose un estudo de viabilidade, definiuse o proxecto e decidiuse buscar financiamento para ir acondicionando edificios como o vello cine, a igrexa ou as escolas co obxectivo de aproveitalos para poñer en marcha o museo e ademais asear os espazos comúns para que se puidese transitar entre as diferentes zonas do poboado. A encarga encomendóuselle ao estudo dirixido polo arquitecto Enrique Barreiro, autor dun proxecto que acabou dirixindo o arquitecto pontevedrés Eugenio Jiménez Passolas, que ao chegar a Fontao descubriu un magnífico escenario para comezar a traballar –“a arquitectura dos edificios é dunha extraordinaria modernidade, sinxela, moi valiosa…”–, mais tamén unha importante deterioración. “O estado de abandono era moi grande, a igrexa e o cine estaban moi mal”.
O cinema era o centro neurálgico do poboado. E ségueo a ser. Onde agora se han de proxectar audiovisuais relativos á minaría ou se van realizar reunións ou congresos, antano viaxábase a Hollywood desde un atestado patio de butacas. Antes eran máis de 300, tras a reforma convertéronse en 170.
Polo camiño recuperouse o vello proxector, un Ossa 60, que estaba abandonado e enferruxado nunhadas súas dependencias atá hai catro anos; hoxe lustroso e evocador no vestíbulo de entrada. Alí tamén se adaptou un espazo para tendas e cafetaría. “Non queremos un museo aburrido, queremos que a xentevolva”, formula Diego Casal. Ese é o reto, conseguir que haxa agora un fluxo continuado de visitantes cara a Fontao e ao seu museo, xestionado polo concello de Vila de Cruces co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia que o ano pasado, xa coa obra casi culminada, fixo cesión dos espazos comúns do poboado ao Concello de Vila de Cruces. “Temos xa catro mostras confirmadas para os vindeiros catro anos, trátase de mostras testadas noutros sitios, co tirón preciso para que a xente acuda a coñecer Fontao. E queremos aproveitar o edificio das vellas escolas e as súas aulas para traer xente interesante que fale do sector da minaría. Sabemos que estamos ante un proxecto viable e non ante unha utopía, que estamos rescatando un patrimonio e que ademais se van xerar postos de traballo na comarca, un máximo de setenta cada ano e un mínimo de corenta”, recalca o responsable do museo da minaría, que apunta ademais un reto: “A minaría ten un compoñente técnico do que non queremos escapar, pero o noso reto é descodificar os contidos do museo para que calquera visitante, maiores ou nenos, poida entendelos e divertirse con eles. Que haxa contidos lúdicos para que se goce e se aprenda cunha oferta accesible ao maior número de persoas posible porque cremos que temos algo bonito de ver independientemente de que quen o visite sexa entendido en minas ou non”.
Difusión e visitantes
O plan máis inmediato pasa por organizar o material do que comeza a dispoñer o museo, as fotografías, os paneis, documentos ou instrumentos de traballo para lles dar forma ás estancias destinadas a mostralos. Os tres módulos rehabilitados (cine, igrexa e escolas) supoñen unha superficie conxunta duns 500 metros cadrados á que lle hai que unir unha superficie exterior de máis de 2.000 metros cadrados.
A partir da súa adecuación restará traballar para bosquexar e executar unha atinada campaña de difusión e converter Fontao nun novo destino en Galicia. Para iso xa se fixo unha incursión en Fitur, a feira Internacional de Turismo de Madrid, e estase falando con Turgalicia, para comerciantes por xunto do sector turístico, para colexios, institutos, universidades ou mesmo excursións do Imserso. “Non sobran os cartos, pero si a ilusión e as ganas de dar a coñecer o que temos aquí ademais contamos co apoio dicional dos partidos políticos independentemente da cor de cada un”, destaca Diego Casal, ao que non se lle escapa que resta un importante detalle para que Fontao cadre unha oferta redonda para os seus visitantes: negociar coa familia Cort, a propietaria das instalacións mineiras para frear o proceso de deterioración destas, paradas desde 1974, e recuperalas para levar a cabo un proceso de recuperación semellante ao do poboado abrindo as galerías para que poidan ser visitadas, os talleres mecánicos, a subestación eléctrica ou mostrando as oficinas da empresa, nas que se manteñen materiais e mobiliario coma se o tempo se detivese. Pero en realidade o reloxo non se para e hai que actuar rápido para evitar unha maior deterioración. Así, o Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial en España incluíu a explotación mineira de Fontao nunha listaxe de once bens que se atopan en perigo no territorio nacional. “Comezamos a establecer canles de entendemento porque sabemos que os Cort teñen os mesmos obxectivos ca nós”, explican os xestores do museo da minaría.
… incon
DOUS MILLÓNS DE EUROS ACHEGADOS POLO FEDER
Tras completar a rehabilitación das vivendas, a Xunta sacou a concurso en 2007 o proxecto de obra para reacondicionar a contorna e dotar de equipamientos o poboado. Cinco anos despois xa está todo listo e só falta integrar o contido do museo nos diferentes contedores. “Temos máis de mil imaxes e unha enorme cantidade de documentos”, apunta Diego Casal.
As vellas escolas reforzáronse para acoller diversos espazos que operarán como obradoiros e aulas de formación. A igrexa será un museo e sala de exposicións. No vello cinema, agora reconvertido en auditorio, albérgase unha pequena cafetaría e prevese a apertura de varios locais comerciais e locais administrativos. Os espazos abertos quérense aproveitar para amosar pezas e equipos de gran tamaño traídos desde a mina en canto se obteñan os permisos correspondentes.
Para todo este traballo de rehabilitación investíronse 2,2 millóns de euros, o 80% dos cales foron achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Investimento e modernización
A familia Cort fíxose cargo da mina despois de que Francisco Franco lla expropiase á Societè des Ètains de Silleda, a compañía de orixe francesa que rehabilitou a explotación en 1927. Fernando Cort Botí, un enxeñeiro de minas procedente de Alacante, ocupou a xerencia do complexo en 1937. Tres anos despois conseguíu, xunto ao seu irmán César, a concesión e constituiron unha sociedade que asumiu un proceso de investimento e modernización ao abeiro duns inxentes beneficios.
Un dos descendentes dos primeiros Cort que chegaron a Fontao era arquitecto. Foi César Cort Gómez Tortosa quen subscribiu o proxecto para habilitar un poboado para mellorar as condicións de vida dos traballadores da mina ao estilo das “industrial village” inglesas ou das “arbeiter kolonien” teutoas. Atadaquela durmían en incómodos barracóns. O poboado era un considerable paso adiante, pero chegou
un pouco tarde: dous anos despois da súa finalización os prezos do volframio baixaron de maneira considerable. En 1963 a mina deixou de traballarse e só se recuperou a explotación tras unha paréntese de cinco anos para traballarse durante seis máis xa a ceo aberto e sen grandes beneficios.
O complexo que soñou Cort tiña moito de rupturista respecto da armazón rural que o rodeaba e recorreu a un mozo arquitecto para desenvolvelo. Joaquín Basilio Bas levouno a cabo entre 1955 e 1958, cando acabara de titularse. Trasladouse a vivir eses tres anos ao poboado e dirixiu desde alí unha das súas obras cume. “Quixo supervisar que todo fose como o debuxara”, explicou o seu fillo Joaquín durante a inauguración da praza, ante o rehabilitado cine agora auditorio, que leva o nome do seu pai o pasa-
do mes de outubro. “A calidade do resultado final non se pode entender sen a sensibilidade e o coñecemento construtivo de Basilio Bas”, explicou naquel acto Celestino García-Braña, presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e vicepresidente da Fundación Docomomo Ibérico, que documenta e conserva a arquitectura e o urbanismo do movemento moderno e que seleccionou o poboado mineiro de Fontao para incluílo no seu rexistro como “un coherente conxunto que configura unha das obras máis singulares e valiosas do patrimonio moderno”.
“É unha lección de arquitectura e construción”, resaltou Manuel Abelleira, presidente do colexio de ar quitectos de Pontevedra. “A igrexa
non ten nada que ver co proxecto inicial e iso débese a Basilio Bas, a compartir día e noite coa xente que aquí traballaba todas as posibilidades que aquí se daban. Aquí fíxose todo, os bloques de formigón, os pavimentos iniciais, a carpintaría, as butacas do cine… foi un traballo que dependeu totalmente do arquitecto e con dúas presións tremendas: a arquitectura que impoñía o réxime cun certo aire clasicista e a que estaba apegada ao territorio.
Basilio non tomou ningún deses dous camiños e optou por un modo moderno de "habitar”, ilustra García-Braña, que glosa o racionalismo da arquitectura de Fontao, a linealidade. “Falouse moito da igrexa, na que non hai retablo senón que o retablo é a paisaxe, de se estaba inspirada nalgunha nórdica e non é verdade”, recalca o decano dos arquitectos galegos.
A gran cristaleira que preside o altar cunha gran cruz sobre de sete metros de alto sobre o vidro evoca a famosa capela finlandesa da localidade de Otaniemi, construída en 1957, contemporánea á de Fontao. Joaquín Basilio Bas estaba xa que logo en contacto coas tendencias máis rupturistas da época, co que se facía a milleiros de kilómetros para mesturar abstracción e medio. “Esa idea de que o retablo desapareza e poña ao que ora na igrexa en contacto coa natureza ten un sentido tan moderno que é conmovedor”, conclúe Celestino García Braña.
Ao final resta a emoción. A ela entréganse os promotores do museo da minaría con Diego Casal á fronte. Algunha vez pregúntase se todo este esforzo paga a pena. “A resposta –asegura– sempre é si porque o mellor traballo é o que se fai desde o corazón.
A MINA DEIXOU DE EXPLOTARSE EN 1974, PERO CONSERVA
GALERÍAS E OFICINAS TAL QUE SE O TEMPO NON HOUBERA
TRANSCURRIDO. NO MUSEO TEÑEN PREVISTO DOCUMENTAR
TODO AQUEL TRAXÍN CON IMAXES E DOCUMENTOS DA ÉPOCA
No hay comentarios:
Publicar un comentario